Xa nos chegaron as cartas dos nosos compañeiro/as de Bos Aires. E tamén este vídeo de presentación. Grazas, colegas!
Dálle á lingua
EDNL e Lingua galega e literatura do IES As Bizocas. Premio de Innovación en Normalización Lingüística 2011-2012.
Os nomes do mar
Onte, 16 de maio, nós, o alumnado de 2º de ESO navegamos a bordo do Fly Delfín acompañado de Xosé Lois Pedreira. Explicounos algúns dos talasónimos da nosa costa meca e coñecemos, in situ, todos eses nomes cos que estamos traballado na aula e pescudando sobre eles: Con negro, Con roibo...
As Telleiras e as Barreiras
O alumnado de 1º e de 3º da ESO asistiu á charla sobre un oficio antigo na zona do Salnés: as Telleiras.
Valentín Paz Andrade - por Antón Mascato
O alumnado de 4º de ESO aprendeu a repercusión que tivo Valentín Paz Andrade na súa zona e no país en xeral.
Semana Cultural - Gogue
O alumnado de 1º de ESO aprendeu e gozou con Floreano e, por suposto, co seu creador Gogue, ao cal lle agradacemos moito a súa visita e a dedicatoria da viñeta de hoxe, 9 de maio de 2012, no Faro de Vigo.
O xoves, 3 de maio, o alumnado de 2º da ESO viaxará a bordo do do Fly Delfín para percorrer a península meca. O obxectivo é coñecer a situación exacta do talasónimos cos que están a traballar e a investigar. Ademais, contarán coa colaboración de Xosé Lois Vilar Pedreira que os acompañará nesta travesía e lles resolverá todas as dúbidas que teñan.
Todos a bordo!!!
Amores probihidos 2.0
Amores prohibidos 2.0 é unha proposta que nos chegou de Redenasa.tv que ten como tema Romeo e Xulieta. Isto é a nosa colaboración desde o IES As Bizocas.
VI Certame de poesía Xosé A. Barral
VI Certame de poesía Xosé A. Barral
O IES As Bizocas convoca a sexta edición deste certame que aúna música e poesía. Os poemas gañadores serán musicados e interpretados pola Orquestra do IES As Bizocas no festival de fin de curso e no recital "Música nas túas palabras"
Podes ver as Bases no seguinte enlace:
http://www.edu.xunta.es/centros/iesasbizocas/system/files/VI+Certame+de+Poes%C3%ADa+Xos%C3%A9+A.+Barral.pdf

Gañadoras do Concurso de Relatos

Beatriz Escribano, Carme Domínguez Prol e Marta Díaz Álvarez, gañadoras do I Concurso de Relato Curto.
Primeiro día de traballo, relato escrito por Beatriz Escribano, alumna de 4º de secundaria do IES As Bizocas, foi seleccionado polo xurado como gañador deste certame literario. Ademais, tamén foron distinguidos cun accésit Relato dun recordo, de Carme Domínguez Prol, e O galo iniciou o canto, de Marta Díaz Álvarez, tamén estudantes do IES As Bizocas.
124 aniversario de Otero Pedrayo
O EDNL do IES As Bizocas e o Departamento de Lingua galega conmemoraron onte, 7 de marzo, o aniversario de Ramón Otero Pedrayo por primeira vez tras o seu pasamento. Convidamos ao IES Monte da Vila e viaxamos ata Trasalba, á Casa Grade de Cimadevila. Coñecimos a casa do escritor, participamos no roteiro didáctico Trasalba, terra literaria e sopramos as candeas da torta do 124 aniversario de Don Ramón. Agasalláronnos cun caderno de actividades: Na Casa Grande de Don Ramón, e fomos buscando as respostas por Trasalba.
Deste xeito, a Fundación Rámón Otero Pedrayo deu comezo a un programa que se oferta a todos os centros de ensino, o cal permitirá dar a coñecer a figura de Don Ramón, a través dun lugar moi querido para el.

Os vellos non deben namorarse
VideoLingua

1º Concurso
de
VídeoLingua!!!
Crea un vídeo, un poema, unha canción, un conto... ou o
que ti queiras e... grávao!!
O tema único: lingua galega e o amor.
Anímate e participa!!
Haberá premios para os mellores.
Data límite de entrega: 13 de febreiro.
Duración máxima: 3 minutos.
Enviar os vídeos a: endlasbizocas@gmail.com
A tecnolingua: aprender coa tecnoloxía

Educar e ensinar na actualidade xa non só depende do caderno, do lapis e do libro de texto senón que, pouco a pouco, están a ser desprazados polas chamadas Tics.
Aquí é onde o papel do docente acada unha importante tarefa. Seguro que a algún de nós, o noso alumnado, nos preguntou algunha vez se tiñamos Facebook, Tuenti e/ou demais redes sociais. Eis a realidade do nosa sociedade.
O papel do docente foi o de mediador entre os novos contidos e os que xa coñece o alumnado. Mais agora o profesor debe ter presente que posúe un novo aliado: a tecnoloxía. Se se pretende motivar e mesmo que a materia sexa atraínte debemos levar as Tics á nosa aula.
Isto acentúase se falamos da lingua galega, se queremos desbotar os prexuízos presentes nos máis novos, é moi chamativo que os docentes de lingua incluamos esta ferramenta para presentarlles o galego como unha lingua actual, presente na súa vida cibernética e así motivalos ou, cando menos, facelos reflexionar sobre a lingua e a súa situación social.
Así pois, hoxe por hoxe, non debemos separar a lingua, a normalización e a tecnoloxía se queremos acadar certos obxectivos co alumnado.

Fontes consultadas:
Subscrever:
Mensagens (Atom)